Sunday 05 de May de 2024

Santa Cruz, Santa Cristina e Mera acollerán o VI Festival de Artes Escénicas na Rúa esta fin de semana


Desde hoxe e ata o domingo, terá lugar unha nova edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, música infantil…, que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.

Venres 15

Circo: Circo Chosco (ás 20:00 h, no Parque José Martí)

Concerto: Ortiga (ás 21:30 h, na praza Afundida de Sta. Cristina)

Sábado 16

Circo: La Tropupe Malabó (ás 20:00 h, na praza Esther Pita)

Circo: Wilbur (ás 21:30 h, praza do Castelo en Sta. Cruz)

Domingo 17

Música infantil: Migallas (ás 12:30 h, miradoiro de Santa Ana en Mera)

Danza contemporánea: Entremans, Marcia Vázquez Ramírez e Janet Novas (ás 21:00 h, no parque José Martí)